A revista Nós, a Xente do Redor presenta a portada do número 13 

O grupo cultural Nós, a xente do Redor presenta o martes 16 de xaneiro  as 20:30h a portada do próximo número da revista Nós a Xente do Redor, na cafetería Ceres 1894, situada na praza Saco e Arce de Ourense.
Xurdida en tempos de pandemia, esta revista cultural , instaurouse xa como un referente da cultura ourensá, e galega, contando en cada número cun maior número de autores, artistas de tódolos ámbitos que aportan o seu gran de area para impulsar de novo o grande acervo cultural ourensán e galego, traspasando incluso as fronteiras coa colaboración de autores doutras comunidades e países.
Aínda que o número 13 é moitas veces repudiado, tamén significa rexurdimento, e este grupo cultural busca sobre todo esa recuperación do valor artístico de Galicia, tan desmeritado nos últimos tempos.
O grupo Nós, a Xente do Redor convida a calquera cidadán a participar do descubrimento da portada e o artista encargado da mesma, como adianto deste novo número, que promete calidade literaria e artística. Os asistentes á presentación terán unha lámina de agasallo de Enmanuel Castells Carrión, fotógrafo e escritor cubano colaborador da revista e do movemento.
Yolanda Taboada de Nós, a Xente do Redor
También te puede interesar
Tags: Nos a Xente do Redor, Ourense, Poesia

El Consistorio Digital no se responsabiliza del contenido de los artículos remitidos o de opinión, siendo cada autor responsable de sus propias creaciones.

Noticias similares

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Rellena este campo
Rellena este campo
Por favor, introduce una dirección de correo electrónico válida.
Tienes que aprobar los términos para continuar

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.