No hay comentarios

Proximo 27 de Abril, xornada de folga do persoal temporal en fraude do Consorcio

  • Nova xornada de folga do persoal temporal en fraude do Consorcio reclamando estabilidade no seu posto de traballo e a paralización da OPE que pode levar ao seu despedimento.
  • Convócase protesta en forma de caravana de coches en Compostela: https://goo.gl/maps/PqwHbVd2wadg5oJQ8 

Este vindeiro martes 27 terá lugar unha nova xornada da folga de 24h convocada por CNT  que ten como obxectivo regularizar a situación de todas as traballadoras temporais en fraude de lei e abuso de temporalidade do Consorcio galego de servizos de Igualdade e Benestar independentemente da forma de acceso ao seu posto (oposición, listas, subrogación,…) toda vez que a Xunta de Galiza ven de incluír a practica totalidade das prazas na última oferta de emprego público (OPE) a finais de 2020.

Para o día de folga convócase unha manifestación en forma de caravana de coches que partirá ás 11:30h do parking dos edificios administrativos de San Lázaro en Compostela. A caravana trasladará a protesta polas rúas da cidade, deixándose notar en foram de parada ruidosa na sede do Consorcio IeB en San Lázaro, na sede da Xunta de Galicia en San Caetano e no Parlamento de Galicia na rúa do Hórreo. A caravana rematará ás portas do edificios administrativos de San Lázaro en Compostela. Para visibilizar a protesta pídese que os coches participantes sexan decorados con globos azuis. Percorrido completo en https://goo.gl/maps/PqwHbVd2wadg5oJQ8

Está chamado á folga o persoal pertencente ás escolas infantís da Galiña azul, centros de día, fogares residenciais e todos os centros de traballo da rede do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, incluíndo o persoal de servizos centrais.

Esta situación de conflito laboral é responsabilidade plena da Administración que, a día de hoxe, continúa a desoir as peticións de reunións realizadas pola CNT en canto as reivindicacións da folga.

Desde o comité de folga reiterase que segue esperándose unha xuntanza cos responsables desta inxustiza e que non cesarán nas súas mobilizacións,  ata que a administración de unha solución xusta e legal, que permita que todas as traballadoras podan seguir desempeñando o seu traballo nos postos que levan moitos anos ocupando, realizando unha labor, tanto en tempos de pandemia coma ao longo de tantos anos, loada por familias, persoas usuarias, incluso polos propios responsables desta situación inxusta.

Para CNT, a estratexia actual da Xunta coa oferta das prazas non so non é unha resposta eficaz para paliar a enorme temporalidade do emprego na administración, senón que supón unha medida de moi forte impacto sobre o persoal que padece esta situación de abuso e fraude durante anos, o que resulta aínda máis gravoso se se ten en conta que resposta únicamente ao incumprimento reiterado e manifesto da lexislación laboral por parte da Xunta de Galicia e do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

También te puede interesar
Tags: CNT, Consorcio, Folga, Fraude de Ley, Xunta de Galicia

El Consistorio Digital no se responsabiliza del contenido de los artículos remitidos o de opinión, siendo cada autor responsable de sus propias creaciones.

Noticias similares

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Rellena este campo
Rellena este campo
Por favor, introduce una dirección de correo electrónico válida.
Tienes que aprobar los términos para continuar

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.