Mobilizacións por todo Galicia das folguistas do Consorcio IeB

 

  • Impresionante mobilización do persoal do Consorcio IeB por todo Galicia
  • Continúa manténdose a participación arredor do 50% nesta séptima xornada de folga 
  • A CNT anuncia máis mobilizacións namentres a Xerencia do Consorcio IeB persista en non negociar e non asuma as súas responsabilidades

Séptima xornada da folga convocada pola CNT no Consorcio galego de servizos de Igualdade e Benestar á que está convocado o persoal en fraude e abuso de temporalidade que é maioritario no Consorcio IeB, e cuxa participación a CNT valora de novo “moi positivamente” ao manterse arredor do 50% das traballadoras en fraude de lei e cunha importante participación en case a totalidade dos centros de traballo.

Desde a CNT destácase que esta xornada de folga veu marcada pola extensión das protestas do persoal do consorcio IeB que nun importante número tomaron as rúas nas comarcas da Mariña, Lugo, Ferrolterra, Coruña, Compostela, Barbanza, Salnés, Morrazo, Vigo e Ourense onde ruidosamente visibilizaron as súas xustas reivindicacións de estabilidade laboral.

Nesta ocasión, moitas das traballadoras en servizos mínimos tiveron a oportunidade de participar na protesta e demostrar que de non seren decretados estes servizos mínimos abusivos a participación na folga sería moito maior.

Ademais colaborou nestas mobilizacións persoal público temporal en fraude e abuso que traballa noutras administracións públicas e que apoiou solidariamente ás folguistas. Apoio solidario recibido tamén de familias e persoas usuarias dos servizos que continúan a sufrir a protesta e deterioro do servizo namentres ven como non se intenta solucionar o conflito desde a Xunta e Xerencia do Consorcio IeB.

A CNT salienta que o seguimento da folga e as protestas “increméntanse” co paso das xornadas de folga e anúncia que o persoal do Consorcio extenderá as súas mobilizacións “aínda máis” no seguinte día de folga convocado para o 8 de xuño.

Por último, desde a CNT critícase abertamente que a Xerencia do Consorcio e a Dirección Xeral de Función Pública non queiran negociar para tentar buscar unha solución para a estabilidade do persoal en folga, máis agora que a xustiza ben de declarar fixa a unha afiliada do sindicato traballadora dunha Escola Infantil do Consorcio IeB que accedera ao seu posto a través dunha lista de agarda para persoal temporal. Esta sentenza deixa ver que o Consorcio IeB deseñou desde o inicio un entramado legal que pretendía levar a cabo contratacións fraudulentas do persoal a través de procesos selectivos completos que contaban con todas as garantías, e sinala que no caso que nos ocupa, foi Pilar Candocia, xerente adxunta de Galescolas do Consorcio IeB entre 2006 e 2009, a que asesorou e puxo en marcha estes procesos que tiveron como consecuencia establecer unha forma permanente de precariedade laboral e crearon unha temporalidade estrutural que afecta maioritariamente a mulleres, que supoñen por volta do 90% do persoal do Consorcio galego de servizos de Igualdade e Benestar.

 

También te puede interesar
Tags: CNT Galiza, Sindicatos, Xunta de Galicia

El Consistorio Digital no se responsabiliza del contenido de los artículos remitidos o de opinión, siendo cada autor responsable de sus propias creaciones.

Noticias similares

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Rellena este campo
Rellena este campo
Por favor, introduce una dirección de correo electrónico válida.
Tienes que aprobar los términos para continuar