No hay comentarios

Comezan as negociacións entre a CNT e o Consorcio de Igualdade e Benestar

 

O día 6 de setembro comeza a folga convocada pola sección sindical da CNT a causa do abuso de temporalidade e fraude estrutural na contratación que afecto ao persoal do Consorcio
Este xoves 26 de agosto produciuse a primeira reunión de negociación entre o comité de folga e a xerencia do Consorcio

A sección sindical da CNT ten convocada unha nova folga no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. A folga convócase para dar solución á situación de temporalidade estrutural do persoal do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e dotar de estabilidade no emprego ao persoal que na actualidade presta servizos no devandito Consorcio e consistiría en paros continuados de dúas semanas cada mes durante os meses de Setembro, Outubro, Novembro e Decembro.

Coa intención de acadar un acordo previo ao inicio dos paros, a xerencia do Consorcio e o comité de folga mantiveron unha reunión este xoves. Desde a CNT valorouse positivamente o paso atrás dado polo Consorcio, que non recoñecía o comité de folga como interlocutor, e acudiuse á reunión co ánimo de alcanzar acordos dentro do marco de garantir unha solución ampla e favorable para todo o persoal en fraude de lei e abuso de temporalidade.

Entanto a sección sindical mantívose na súa proposta inicial de declarar a extinguir ao persoal do Consorcio, de xeito análogo ao que se fixo noutras Comunidades en situacións similares, se ben con vontade de escoitar outras posibles alternativas desde a xerencia. Esta trasladou a oferta de paralizar o proceso selectivo do persoal do Consorcio mentres analizan a nova situación legal a cambio de que a sección sindical desconvoque a folga. O comité de folga mantívose na súa proposta de fondo inicial e amosouse aberto a considerar a suspensión da folga até o momento no que o goberno central publique o novo decreto sobre estabilización e esixiu o mantemento das negociacións sobre a cuestión de fondo até a convocatoria dos procesos selectivos para o persoal do Consorcio, proposta que foi aceptada pola xerencia á espera da súa autorización por parte de Función Pública. Ambas as partes emprazáronse a avanzar nestas cuestións nunha próxima reunión que terá lugar o vindeiro martes 31 de agosto.

Finalmente discutiuse a proposta de servizos mínimos elaborada pola xerencia, que desde o comité de folga se considerou extremadamente abusiva, dado que case duplica o número de efectivos con respecto a folgas anteriores. O comité mantívose na súa proposta inicial de manter os servizos de fin de semana, abríndose a negociar sobre a base dos servizos mínimos decretados para as folgas anteriores. Ante a negativa da xerencia e a expresión manifesta da súa vontade de impoñer vía decreto a súa proposta, desde o comité de folga rexeitáronse de plano por abusivos e anunciouse que os servizos mínimos serán impugnados na vía xudicial.

Se precisa afondar nesta materia, poden contactar coa nosa secretaría de Acción Sindical no teléfono 640553412.

Xunto atopará un enlace ao Dossier de Prensa coa información facilitada, un enlace á convocatoria e un enlace aos recursos gráficos facilitados dende o sindicato.

También te puede interesar
Tags: CNT, CNT Galiza, Xunta de Galicia

El Consistorio Digital no se responsabiliza del contenido de los artículos remitidos o de opinión, siendo cada autor responsable de sus propias creaciones.

Noticias similares

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Rellena este campo
Rellena este campo
Por favor, introduce una dirección de correo electrónico válida.
Tienes que aprobar los términos para continuar

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.