Piquete das temporais do Consorcio IeB nas medallas Castelao

 

  • As traballadoras temporais do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar reclaman os seus dereitos fronte a Feijóo
  • Esta mobilización marca a nova estratexia das traballadoras para que a Xunta e a Xerencia do Consorcio senten a negociar
  • Haberá novas mobilizacións para reclamar a paralización do ERE de mulleres que está a preparar a Xunta

Este luns 28 no acto de entrega das medallas Castelao da Xunta de Galicia en Compostela as traballadoras do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar volveron defender os seus postos de traballo.

As traballadoras convocadas pola CNT protestaron ás portas do pazo de congresos de Compostela por volta de 3 horas e fixéronse sentir diante de autoridades e homenaxeadas no acto institucional con berros de “Feijóo escoitas tes o consorcio en loita” ou ”Non ao ERE de mulleres”.

Ben preto sentiron os berros na súa entrada a Conselleria de Política Social, e un apurado presidente Feijóo que xa non se deixóu ver á saída do acto. A animada concentración fai parte da estratexia posta en marcha desde a Sección sindical de CNT no Consorcio galego IeB de incrementar as protestas na rúa para dar visibilización á súa problemática laboral.

 

Desde CNT anúncianse novas mobilizacións toda vez que Xunta e xerencia do Consorcio fan caso omiso das xustas peticións de diálogo solicitadas polas traballadoras. A seguinte protesta será este mesmo mércores 30 ás 19h diante da Delegación do goberno en A Coruña coa convocatoria a nivel estatal de protesta contra a reforma do EBEP que pretende o Ministro Iceta.

También te puede interesar
Tags: CNT Galiza, Fraude de Ley, Ministro Iceta

El Consistorio Digital no se responsabiliza del contenido de los artículos remitidos o de opinión, siendo cada autor responsable de sus propias creaciones.

Noticias similares

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Rellena este campo
Rellena este campo
Por favor, introduce una dirección de correo electrónico válida.
Tienes que aprobar los términos para continuar

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.