No hay comentarios

Traballadoras do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar reclaman unha solución ao presidente da Xunta

Un grupo de traballadoras do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar protestou na chegada de Alberto Nuñez Feijóo na súa visita ao Banco de Alimentos Rías Altas para que se sente a negociar unha solución ao fraude de lei na que se atopan

Os actos e mobilizacións continúan aumentando mentres que a Xunta e a Xerencia do Consorcio se negan a negociar co Comité de Folga elixido polas traballadoras

 

O pasado mércores, un grupo de traballadoras do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar achegouse até o Banco de Alimentos Rías Altas sito na Coruña para darlle un caluroso recibimento ao presidente da Xunta ao grito de “Fixeza Xa”.

As traballadoras, que se atopan en folga dende fai casi dous meses, continúan reclamando unha negociación para buscar unha solución que evite o despedimento masivo de centos de mulleres que sacaron adiante os servizos sociais ofrecidos polo Consorcio durante estes últimos anos.

Os representantes políticos, únicos culpables da situación en fraude de lei na que se atopan as traballadoras, parecen máis preocupados pola foto en actos de caridade que en establecer un diálogo coas traballadoras dos centros de traballo do país.

 

A CNT continúa demandando ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e á Xunta que se establezca unha mesa de diálogo co Comité de Folga elixido polas traballadoras do organismo para negociar unha solución que non remate con centos de mulleres na rúa nuns poucos meses.

Además das solicitudes de paralizacións das Ofertas de Emprego Público, as traballadoras ofrecen soluciones perfectamente viables e que foron incluso aplicadas en outras rexións do Estado español sin ningún tipo de problema.

Con todo, o Partido Popular, nas figuras de Alberto Núñez Feijóo e Fabiola García Martínez, parece empeñado en desfacerse dun equipo completo de traballadoras que sacaron adiante con resultados extraordinarios uns centros de atención a persoas en situación máis vulnerables durante o Estado de Emerxencia Sanitaria.

 

O seguimento e apoio da folga das traballadoras do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar é cada día maior e as protestas e paróns continuarán até que os representantes accedan a negociar coas traballadoras.

Dende a CNT continuamos demandando pola vía xudicial todas as situacións en fraude de lei que chegan ao sindicato e apoiamos todas as mobilizacións do persoal público temporal que ven sufrindo todo tipo de abusos dende a propia Administración así como organizacións empeñadas en defender os intereses desta fronte aos dereitos laborais da clase traballadora.

También te puede interesar
Tags: CNT, Consorcio;Xunta, Feijoó

El Consistorio Digital no se responsabiliza del contenido de los artículos remitidos o de opinión, siendo cada autor responsable de sus propias creaciones.

Noticias similares

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Rellena este campo
Rellena este campo
Por favor, introduce una dirección de correo electrónico válida.
Tienes que aprobar los términos para continuar

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.